Faite socio

Iniciamos a campaña «EU SON DO XOVE FS» para a tempada 2015-2016, que será a nosa primeira temporada en Segunda División «B».

Necesitamos o apoio de todo o mundo e coa axuda de todos ir medrando pouco a pouco. Por só 40 euros disfrutarás de descontos especiais en eventos organizados polo clube, participarás en sorteos con fantásticos premios e terás como regalo unha camiseta co lema desta campaña.

Queremos que todos sexades do Xove FS.

Dende maña mesmo xa poderás colaborar co Xove FS na entrada do Pavillón Municipal no partido de Copa Xunta. Tamén por correo electrónico mandando un mail a dirección sdxovefs@gmail.com poñendo como asunto «eu son do xove fs». E finalmente poderás facerte socio colaborador contactando con calquera membro da directiva do Xove FS. En fechas vindeiras daremos información de como recoller o carnet de socio colaborador.

Vamos Xove!! #eusondoxovefs, #copaxuntaourense, #sorteocámara

Outra vantaxe que obterán os socios que teñan fillos e queiran gozar do CAMPUS DE FUTBOL SALA DA SD XOVE FS será un desconto de aproximadamente 10 Euros no custo do campus, ademais de descontos noutros eventos deportivos que a Sociedade organice.