Historia

A Sociedad Deportiva Xove Fútbol Sala é un equipo de fútbol sala fundado no ano 2009 no Concello de Xove (Lugo).

Tempada 2009-2010

No seu primero ano comenza a competir na liga provincial masculina de Lugo conseguindo o ascenso á liga autonómica tras quedar primeiro clasificado, despois de tan só perder un encontro e empatar outro.

Tempada 2010-2011

Logo de acadar o ascenso, compite na liga autonómica norte quedando oitavo clasificado nunha tempada marcada pola irregularidade do equipo.

Tempada 2011-2012

Nesta tempada, o clube participa na 3º División Nacional de Fútbol Sala (antiga 1º Nacional B) despois de aceptar unha invitación por parte da FGF e finaliza a competición en séptimo lugar.

Tempada 2012-2013

Nesta tempada, o clube participa na 3º División Nacional de Fútbol Sala e rematou nunha meritoria séptima praza, logo de estar boa parte da tempada entre os catro primeiros clasificados.

equipos