O CD Burela FS Pescados pecha un acordo de filialidade coa SD Xove FS

O CD Burela FS Pescados Rubén vén de pechar a filialidade co Onde Sempre SD Xove FS, de Segunda B, para a vindeira tempada. A sede laranxa acolleu a xuntanza entre o presidente burelista, Manuel Blanco, e o seu homólogo xovense, Juan Carlos Calvo, que acudiu á cita acompañado polo seu secretario, Antonio Rey, para rubricar o acordo.

“Esta colaboración é a primeira pedra duns alicerces sólidos nos que reforzaremos o noso traballo para seguir apostando pola formación de base e contribuír ao crecemento deportivo na Mariña, potenciando a aprendizaxe de novas promesas. Con esta unión gañamos todos, o Xove FS, o Pescados Rubén e todo o fútbol sala mariñán” aplaudía así Manuel Blanco a aproximación de posturas coa entidade xovense, moi receptiva dende os primeiros contactos para este labor conxunto. «Dende o momento que o Burela nos presentou esta posibilidade, xa nos amosamos moi interesados en levala a cabo xa que, sobre todo na parcela deportiva, para nós estaba a ser moi dificil confeccionar un cadro competitivo, especialmente este último ano, debido á escaseza de xogadores na zona que poidan compatibilizar unha categoría tan esixente como é Segunda B coas súas obrigas profesionais” expresaba Juan Carlos Calvo, incidindo nas grandes posibilidades que abre esta nova etapa: «Para o noso club supón un paso moi importante cara ao futuro, por poder contar co apoio deportivo, económico e de infraestrutura dunha entidade tan importante a nivel nacional como é o CD Burela FS”.

“Confiamos en que o convenio para 2016-17 poida ser prorrogable por moitos anos e que sexa interesante e frutífero para ambos os clubes» concluían así a súa reunión os dirixentes mariñáns.

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Esta entrada fue publicada en El Club, Primer Equipo. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s