A Fuga Xove F.S presenta as seis primeiras fichaxes

O equipo xovense iniciou os entrenamientos fai dúas semanas coa incorporación de seis novos xogadores e do porteiro do xuvenil Carlos.

A primeira fichaxe trátase de Marcos Gómez, ex-xogador do Cidade de Viveiro, cunha idade de 20 anos, Marcos aportará dinamismo, calidade e xuventude o equipo para afrontar esta temporada nunha categoría moi complicada.

marcos

A segunda fichaxe trátase de Iván Gónzalez Lage, Ivi retorna ó que foi a súa casa dende a fundación do clube no ano 2009, cun único paréntese a temporada pasada. Ivi é un xogador zurdo, moi habilidoso co balón e con moita capacidade goleadora. Dende a directiva están moi contentos co regreso de Ivi xa que pode aportar cousas moi positivas ó equipo.

257997

A terceira fichaxe trátase de Antón González, xogador que procede do Burela “B”, e ex-xogador do Trabada e do Superti A Pontenova. Antón González será un xogador moi importante para nós, o cal nos proporcionará intensidade defensiva, velocidade e dinamismo.

anton

A cuarta fichaxe trátase de Manu Jiménez, que procede do filial laranxa, no que foi o máximo goleador a temporada pasada. Manu é un dos xogadores máis desequilibrantes en ataque de toda a liga, e os seus 22 anos conta con experiencia en División de Plata, donde xogou co Burela FS e co Benicarló.

A quinta fichaxe trátase de Bruno de Nois, que tamén procede do filial laranxa, Bruno é un cierre que nos aportará saber estar e salida de balón, ademais de moita experiencia e moitísima calidade.

A sexta fichaxe trátase de Antón Couto, xogador que este ano fixo parte da pretemporada co Burela FS de división de honor, e no cal chegou a debutar nesta categoría. Antón é un xogador con moita calidade que nos dará cousas moi positivas ó equipo.

3

Ademáis da chegada do porteiro xuvenil Carlos, a plantilla continúa sen pecharse , xa que a directiva segue traballando para reforzarse con algún xogador de alto nivel, para completar esta plantilla, que esperemos que loite na parte alta da clasificación.

Dende a directiva queremos agradecer a todas estas novas fichaxes o esforzo tan importante que fixeron por xogar no noso clube.

Continúan da temporada pasada: os porteiros Pulido e Tati e os xogadores de pista: Quelle, Nete, Bruno Girón, Víctor Meitín e Iago Casas.

Recordamos que o sábado día 13 xogaremos un partido amistoso as 17.00 no Pavillón Municipal de Xove contra o Vilalba FS, partido que servirá de presentación do equipo diante dos seus siareiros

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Fichajes y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s