O Mesón Pizzeria A Fuga vence ó 5 Coruña

A Fuga Xove FS derrotou o sábado no Municipal de Cervo o 5 Coruña por 5 tantos a 2. O equipo coruñés adiantouse no marcador cun gol de Luis, pero dous goles dos nosos, un deles de Pigue e outro en propia porta puxo o 2-1 no marcador co que se chegou ó descanso.

A segunda parte iniciouse con moita igualdade, e o 5 Coruña logrou o empate. Os nosos reaccionaron fantásticamente, con 2 boas accións de Souka que acabaron en gol, un obra del e outro de Pigue. Co 4-2 no marcador, os coruñeses optaron polo porteiro xogador e no 5 para 4, Iago puxo o 5-2 definitivo desde o seu propio campo

Un marcador moi merecido para o visto no terreo de xogo.

Noutros marcadores da xornada, o Leis de Pontevedra derrotou 4-2 o Bueu tras unha gran primeira metade, mentras que o Carballiño se desfixo do Vilalba con moitisima superioridade. Os nosos veciños de Burela perderon contra o Troula nos ultimos minutos con dúas accións a balón parado. O outro filial da categoría o Santiago FS derrotou con moitos apuros a Estrada FS, mentras que o Superti derrotou con relativa facilidade o Pazos de Borbén. Por ultimo, o Coruxo de Vigo derrotou o Ribeira por 5-2.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron : Pulido, Dani López, Pipe, Brais, Girón -quinteto inicial- Iago(1), Pigueiras (2) , Souka(1) e Víctor

O Ribeira de Piquin será o noso próximo rival o sabado día 12, as 18.00 horas no Municipal da Fonsagrada, do cal esperamos traer os tres puntos.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s