O Mesón A Fuga Xove FS despida a tempada cunha derrota no derbi ante o Pescados Rubén Burela B FS

474881Amarga despedida. Así se pode definir o derradeiro partido da tempada do equipo adestrado por Fran Paz. Os verdillos encaraban este derbi sen xogarse nada máis que a honra persoal, posto que só podían aspirar a arrebatarlle a sexta praza o Coruxo FS, en caso de que o equipo vigués perdera o seu partido, feito que non aconteceu, polo que o séptimo posto que ocupaba tornouse en definitivo.

Nembargantes, a actuación arbitral sufrida durante o encontro desquiciou ós xovenses, motivando a expulsión de dous dos seus xogadores e o entrenador, e afeando un derbi mariñán que se presupoñía moi atractivo para os moitos siareiros que acudiron ó pavillón Monte Castelo de Burela.

O partido comezou moito mellor para os locais, moito más metidos no partido e co Xove FS algo dormido, arrastrando quizáis o peso das últimas tres derrotas colleitadas anteriormente. Esto dou orixe ós dous primeiros goles bureleses, ó aproveitar unha pérdida de balón visitante en zona perigosa no primeiro gol, e unha boa xogada de estratexia de corner no segundo. O Burela xogaba máis e mellor, e levaba perigo constante á meta defendida por Pulido.

Pero, según ían avanzando os minutos, os xovenses fóronse asentando na pista, igualando forzas, e rondando a portería local, ata que, gracias a un penalti, Dani López recortaba distancias no marcador.

Un dobre penalti a pouco do final, aproveitábao un xogador local para establecer o 3-1 no electrónico; pero aínda deu tempo, case que con sonido da bocina, para que Dani López marcara o seu segundo tanto e deixara o marcador no 3-2 co que se chegaba ó descanso.

No segundo período, os árbitros convertíronse en aunténticos protagonistas do xogo. Xa na primeria parte tiveran algún error de bulto nas súas apreciacións, e sobre todo de respeto ós xogadores pero nesta metade perderon o dominio do partido por completo.

Xa ó pouco de comenzar, expulsaban a Alex, logo dunha entrada sobre un rival, na que tocaba balón claramente antes de barrelo coa inercia da entrada, segunda amarilla e os verdillos cun home menos. Nembargantes, os xovenses defendéronse con unllas e dentes en inferioridade, durante os dous minutos que durou esta.

Unha vez en igualdade de efectivos, chegou o momento clave do partido, posto que nunha boa acción colectiva, os visitantes remataron no segundo pau un balón que parecía dentro, pero que, afortunadamente para os locais, consegui deter o seu porteiro, iniciando un contragolpe que daba orixe ó 4-2.

Posteriormente, expulsaban a Darío, por unhas protestas totalmente xustificadas, logo dun grave error arbitral, e deixando novamente en inferioridade os de Xove.

Desta vez, os locais sí conseguiron aproveitarse da circunstancia, e poñían o 5-2 no marcador.

Neses momentos, os visitantes estaban xa totalmente fóra do partido, protestando continuamente os desacertos clamorosos dos árbitros, como sinalar falta de Tatiko nun encontronazo cun xogador rival, que lle supuxo ter que retirarse lesionado, e chegando incluso a desautorizar un dos árbitros as accións do outro.

O partido non tivo máis historia, totalmente influenciado por estes acontecementos. Aínda aumentaría a súa renta o Burela B ata o 6-2, marcador co que se poñía punto e final ó partido e a tempada xovense.

De todos modos, e pese a que non debe ser excusa, dende o clube pídese disculpas polas protestas reiteradas dos xogadores do Xove FS, incluso estando na grada, e por un comportamento que non debe ser tolerable, pese a que se poidan perder os nervios cando suben moito as pulsacións. Disculpas pois tanto para os árbitros, coma ós aficionados alí presentes.

Polo Meson A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Darío, Ivi, Dani López (2) e Marcos -quinteto inicial- Alex, Dani Díaz e Iago Casas.

Xa por último, poderíamos valorar a tempada do equipo xovense cun NOTABLE, xa que, pese a un final de temporada moi discreto, con catro derrotas consecutivas, o equipo demostrou ó longo de todo o campeonato que era un dos equipos punteiros, cuns números como local que o acreditan como mellor equipo xogando no seu propio feudo, e tendo en conta que sufriu varios contratempos en forma de baixas de xogadores importantes como Quelle, Suso Herrera, Chetis, Pipe e Lanas.

Pese a todo esto, alternou grandes partidos, cun xogo moi dinámico e vistoso, con outros partidos nos que os erros defensivos e o pouco acerto cara a meta rival o condenaron a perder os puntos en xogo.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s