O Mesón A Fuga Xove FS non pode co campión de liga, o Esteo FS

scale

Presentábase unha boa oportunidade para os pupilos de Fran Veiga para dar unha alegría ós seus aficionados e regalarlles unha victoria ante o recente campión de liga, que deixara un bo sabor de boca no derradeiro partido como locais da tempada. A piques estivo de conseguilo, pero non foi así.

Pese a acudir con algunha baixa importante, os de As Pontes, enseguida amosaron a súa intención de ir a polo partido dende o comezo e, pese a proclamarse campión fai algunhas xornadas, buscar os tres puntos en xogo. Os xovenses tamén afrontaban motivados o partido, polo que tamén saltaron concentrados dende o asubío inicial.

A fase inicial do encontro caracterizouse pola igualdade, con ambos equipos tratando de expoñer o seu xogo na pista.

Non tardarían moito os visitantes en abrir o marcador, xa que un saque de córner sen aparente perigo, introducíao desafortunadamente Pulido na súa propia portería, poñendo en vantaxe ós ponteses.

Pese a este gol, o Xove FS non se descompuxo, e seguiu tratando de facer o seu xogo, e incluso subiu o nivel de presión defensiva, polo que conseguía roubar o balón con facilidade. Nun destes roubos en pista contraria, Alex conectou con Ivi, só no segundo pau, para establecer o empate no electrónico.

O empate deu alas ós locais, que se fixeron donos do partido e inmediatamente buscaron poñerse por diante no marcador.

Conseguírono gracias a un penalti, por mans dentro da área dun defensor visitante, e que transformaba inapelablemente Dani López.

Houbo algunha ocasión posterior máis de variar o resultado por ámbolos dous bandos, pero o marcador non se moveu e chegábase ó descanso con 2-1 favorable ós mariñáns.

Nembargantes, o tempo de lecer non sentou nada ben ós locais, posto que realizaron unha mala segunda metade, na que non foron quen de manter e vantaxe no marcador, e víronse superados pola experiencia e o bo facer do Esteo.

A presión da primeira parte foi perdendo intensidade, e os xogadores visitantes cada vez atoparon máis ócos ás espaldas da defensa verdilla, creando serio perigo ante a meta defendida agora por Tatiko.

Os ponteses  aproveitaron tres de esas ocasión de gol xeradas, mentres que os xovenses non foron capaces de materializar ningunha das súas, pese a dispoñer de varias, co cal o marcador reflexaba un xusto 2-4 ó final do partido.

Pese a esta derrota, terceira consecutiva, pero se ben contra o recente campión, cabe salientar a traxectoria do Xove FS no seu feudo durante a tempada, con 12 victorias e tan só 3 derrotas, que o consagraron como mellor equipo xogando como local.

Nembargantes, os malos resultados fóra da casa, e especialmente estas últimas derrotas, impediron que os xovense loitaran pola segunda praza á que optaron durante gran parte da tempada, e nestes intres ocupa a séptima posición, a falta do derradeiro partido de liga, o vindeiro sábado, no derbi mariñán contra o filial do Burela  FS.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron : Pulido, Dani Díaz, Marcos, Dani López(1) e Iago Casas -quinteto inicial- Alex, Darío, Ivi(1), Chetis e Tatiko.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s