O Mesón A Fuga Xove FS cae derrotado ante o 5 Coruña

450460

Segunda derrota consecutiva dos xogadores dirixidos por Fran Veiga, esta vez en A Coruña, no pavillón do Barrio das Flores, por un resultado de 7-5, nun partido moi marcado polas dúas caras amosadas polo conxunto verdillo.

Os xovenses contaban con dúas baixas importantes, como as de Alex e Dani Diaz, e  non conseguiron meterse no partido durante toda a  primeira parte na que os mariñáns amosaron un escaso poder ofensivo, debido á falta de intensidade mostrada polos seus xogadores, e íanse ó descanso cun marcador de 3-0 adverso .

Pero parece que o descanso lles sentou ben os homes de Fran Veiga porque na segunda metade mostraron unha mellor cara e a piques estiveron de remontar o partido, xa que ó pouco de sair dos vestiarios os mariñans estaban un tanto por debaixo do marcador e mostrando unha cara moi distinta á da primeira metade. Np obstante, varios erros do conxunto visitante aproveitounas o equipo local  á contra para volver a coller distancia no marcador . Foi entón, cando co porteiro-xogador, o conxunto mariñán volveuse a colocar un tanto por debaixo (6-5) a falta de escasos 3 minutos.

O partido entraba nunha fase decisiva, e calquer erro podía supoñer unha derrota , e así foi ; o conxunto mariñán, coas présas de querer remontar o partido, cometeu un erro na circulación do balón que o conxunto coruñés aproveitou para marcar dende o seu campo, poñendo asi o definitivo 7-5 no marcador. Cabe mencionar a destacada actuación do meta local, xa que ademáis de varias paradas de mérito, meteu dous goles para o seu equipo, un de falta directa e o outro dende a súa porteria, para asegurar o triunfo local.

 Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron : Pulido, Darío(1), Marcos, Ivi(2)  e Iago Casas(1) -quinteto inicial- Chetis, Tatiko e Dani López(1).

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s