O Meson A Fuga Xove FS tira o partido nos último minutos diante do Eypar FS

457990

Ver para crer. Poderíase calificar como subrealista o final do encontro entre os pupilos de Fran Veiga e o conxunto melidense do Eypar FS. A falta de tan só 3 segundos para o final do encontro os locais gañaban por un gol e, contra todo pronóstico perderon o partido.

O partido presupoñíase como asequible para os mariñáns, xa que enfrentábase no seu feudo, solo profanado polo Ventorrillo en toda a tempada, a un Eypar que ocupaba posicións de descenso. De feito, nada máis comezar o choque, Alex inauguraba o marcador o rematar no segundo pau unha boa asistencia de Darío. Calquera dos siareiros que se encontraba vendo o partido podía esperar un partido plácido para os locais, posto que se mostraban moi superiores ó rival. Pero nada máis lonxe da realidade. O Eypar conseguiu empatar o partido, e este entrou nun fase de despropósitos por parte de ámbolos dous equipos, con xogo enredado, sin criterio e impropio da categoría, e que reinaría ata o remate do mesmo.

Suso Herrera, por dúas veces, adiantaba ós xovenses no marcador e establecía o 3-1 co que se chegaba ó descanso.

Xa na segunda metade, comezou o caos e o desorden. As defensas apenas existiron. Os visitantes lograban empatar a tres o partido, ante a pasividade local. E pouco despois, o Xove FS tomaba vantaxe de novo no electrónico ó marcar tres goles, case consecutivamente, obra de Dani López en dúas ocasións e Ivi.

Cando parecía que o partido xa estaba decantado do lado verdillo, incomprensiblemente deixaron, máis por deméritos propios que por méritos do rival, escapar esta vantaxe. O Eypar aceptou de bo grado os regalos locais e logrou, a falta de poucos segundos, empatar o choque.

Nembargantes, a situación máis esperpéntica aínda estaba por chegar, posto que con dous segundos por disputarse, e no saque de centro tras o gol do empate, unha indecisión nos xovenses no saque deixaba o balón solto, que aproveitaba un xogador visitante para tirar a portería, na que non estaba xa o porteiro local, e polo tanto conseguindo o tanto da victoria para os melidenses, para o estupor e a sorpresa de todos. Os locais protestaron enérxicamente a acción, ó considerala ilegal, pero o gol subiu ó marcador, e con 6-7 finalizaba o encontro.

Esta estrambótica derrota corta as alas dos mariñáns logo de dúas victorias a domicilio consecutivas e perde gas ante os seus rivais pola segunda plaza na clasificación.

A vindeira semana, o Xove FS visitará a cidade da Coruña para enfrentarse ó 5 Coruña FS.

Polo Mesón A Fuga Xove Fs xogaron e marcaron : Pulido, Darío, Marcos, Dani López(2) e Alex(1)- quinteto inicial- Suso Herrera(2), Dani Díaz, Ivi(1), Iago Casas e Tatiko.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s