O Mesón A Fuga Xove FS consigue unha nova victoria fóra da casa ante o Carballiño FS

443107

Repetía como visitante o equipo mariñán, pero esta vez na casa do outrora potente Carballiño FS. Pese a non acadar bos resultados en terreo alleo ó longo da tempada, os xovenses acadaron a segunda victoria consecutiva a domicilio.

Ó igual que no partido anterior contra o Ribeira de Piquín FS, ós verdillos costoulle entrar no partido, e foi o conxunto local o que comezou o partido dominando e creando perigo ante a meta defendida por Pulido. Froito de ese dominio chegou o primeiro gol local, protestado polos visitantes por unha falta previa, pero que finalmente subiu o marcador.

Nembargantes, co paso dos minutos, o Xove FS foise entonando e meténdose no partido, arrebatando o dominio do xogo ó equipo rival e dispuxo da súas primeiras ocasións de gol. Nunha delas, Iago Casas aproveitaba un rexeite do porteiro local para igualar a contenda.

O gol descompuxo un pouco ós locais e acentuou o dominio dos pupilos de Fran Veiga, que conseguían poñerse por diante no marcador, gracias a unha boa xogada combinativa culminada por Ivi. Sen case tempo para festexar este gol, Ivi novamente establecía o 1-3, marcador co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade, os visitantes mostráronse moi ben plantados na pista, dominando a posesión do esférico ó seu antollo, e apenas concedendo opcións claras de gol ós locais. O tempo ía transcorrendo a favor dos intereses dos mariñáns, e aínda foron quen de ampliar a ventaxa no marcador, cando Alex remataba ó fondo das redes un saque de falta lateral.

Xa nos últimos minutos, os locais intentaron achegarse no electrónico utilizando o porteiro-xogador, e foron capaces de anotar dous goles, pero o derradeiro a tan só un segundo para finalizar o encontro, polo que xa non tiveron opción de buscar o empate e o partido finalizaba co 3-4.

Esta victoria permite os xovenses seguir na loita polo segundo posto, en dura loita con outros cinco equipos. A vindeira semana, o Xove FS recibirá no pavillón municipal ó Eypar Fs de Melide.

Polo Meson A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Darío, Dani López, Ivi(2) e Marcos -quinteto inicial- Iago Casas(1), Alex(1) e Dani Díaz.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s