O Mesón A Fuga Xove FS volve á senda da victoria como visitante ante o Ribeira de Piquín FS

446547Meritorio traballo o que están a realizar os pupilos de Fran Paz nas últimas xornadas. A ilusión e o compromiso están paliando a escasez de efectivos do equipo, e mantéñeno na loita polo segundo posto da clasificación, do cal  tan só o separan tres puntos.

O pasado sábado, os mariñáns visitaban a difícil pista do Ribeira de Piquín; rival capaz do mellor e do peor, de ahí que sea un dos equipos máis anotadores do campeonato e especialmente perigoso no seu feudo. Pero os xovenses, conocedores desta condición, plantexaron o partido de acordo a unha das súas principais e recurridas virtudes: a defensa. Minimizar os ataques locais e tratar de encaixar poucos goles era a mellor forma de conseguir a victoria.

No obstante, non foi tarefa sinxela para os verdillos, posto que iniciaron o partido algo dubitativos ca posesión do esférico, mentres que os locais poñían en apretos a meta defendida por Pulido con pouco esforzo. Froito de esta circunstancia nacía o primeiro gol local, cando unha pérdida de balón  visitante propiciaba un man a man dun dos xogadores do Ribeira de Piquín FS contra o gardamallas xovense, e non desaproveitaba a ocasión de subir o 1-0 ó marcador.

Os locais eran mellores, pero pouco a pouco os visitantes foron entonándose e entrando no partido. Mellorou a circulación de balón do Xove, e inmediatamente comezou a chegar o perigo e as ocasións de gol. Nunha gran acción persoal, Marcos fabricaba unha fermosa xogada para establecer o empate no marcador. Pouco despois, Ivi reclamaba como gol un lanzamento que ben puido rebasar a línea de gol, pero ó que os árbitros non deron validez. Entrouse nunha fase de igualdade, con intercambio de golpes por ambos equipos pero sin acerto. Polo tanto, co resultado de empate a un, e co partido aberto chegábase ó descanso.

Nembargantes, no segundo tempo o Xove FS adueñouse totalmente do partido. Súas foron a posesión do balón, as ocasións de gol e o dominio do xogo. Os locais inquietaron moi pouco a portería de Pulido, pero sí sufriron as embestidas dos xovenses, que unha e outra vez desfacíanse da súa defensa e plantábanse con perigo diante do porteiro. Especial incisivo neste aspecto estivo Alex, autor do segundo e terceiro gol visitante, e que dispuso dalgunha clara ocasión máis para poder marcar.

Con pouco por xogar e con 1-3 no marcador sacaban porteiro xogador os locais, coa esperanza de poder reducir distancias, pero apenas tiveron opcións e o electrónico xa non se moveu máis.

A vindeira semana, o Xove FS repite como visitante, nesta ocasión na pista do Carballiño FS, que pese a ocupar a zona baixa da táboa, de seguro complicará as cousas os mariñáns.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Dani Díaz, Dani López, Darío e Iago Casas  – quinteto inicial – Marcos (1), Alex (2) e Ivi.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s