Os pupilos de Fran Paz Veiga están acostumándose a sufrir máis da conta diante da súa parroquia. Pese a que se manten como o mellor equipo da competición no se feudo, nos últimos partidos está sufrindo moitos problemas nos tramos finais dos mesmos para poder acadar a victoria. Como se se tratase dun guión preestablecido, os xovenses van de máis a menos durante o partido, cunha primeira metade na que son superiores ó rival, pero na que non consiguen cerrar o partido debido á falta de tino, e na segunda metade vanse vendo superados e arrinconados pola escuadra visitante, poñendo en perigo os tres puntos en xogo ata o derradeiro intre.
Se cadra, este mal podería achacarse á falta de efectivos dos últimos partidos e que lastra de maneira importante o rendemento do equipo, pero a parte positiva é que, polo menos, consegue sacar os tres puntos adiante.
O encontro ante o Vilalba FS cumpriu perfectamente estas características. A primeira metade tuvo claro color local, que xa nos primeiros minutos se adiantaban no marcador, gracias a un bo disparo de Dani López dende fóra da área. Os xovenses xogaban máis e mellor, e aínda que os de Vilalba lograron poñer o empate no marcador, o dominio do encontro acabou por traer o segundo gol local, obra de Marcos, logo dunha man de Alex, moi protestada polos visitantes.
Co marcador de 2-1 no electrónico chegábase ó descanso do choque.
A segunda metade, tivo dúas partes ben diferenciadas. Nun primeiro momento, o partido seguiu comandado polos verdillos, que asediaban a meta visitante, xerando moitísimas ocasións, moitas delas incomprensiblemente erradas nos úlitmos metros. Tan só foron capaces de perforar a meta vilalbesa unha vez, logo dunha contra perfectamente executada por Dani López, para establecer o 3-1.
Parecía que o partido iba camiño dunha gran goleada local, pero nada máis lonxe da realidade. Cada erro diante do marco visitante incrementaba o nivel de ansiedade do Xove, e pouco a pouco, o Vilalba foise estirando e comenzando a poñer en apretos a portería local. Tanto é así, que nunha xogada de carambola, un despexe de Ivi golpeaba nun rival vilalbés e introducíase na portería de Tatiko, que non tivo tempo para reaccionar.
O gol deu alas ós visitantes, e aumentou aínda máis os nervios dos locais, ós que agora queimaba o esférico nos pés, e se limitaban a intentar defender as embestidas rivais. Incluso puido chegar o empate, de non ser polo acerto de Pulido ó deter un dobre penalti visitante a pouco para rematar o partido.
Non houbo tempo para máis, e os xovenses puideron respirar aliviados co bocinazo final, e cos tres puntos no bolsillo.
Con este resultado, o Xove FS mantense na sexta posición, e metido na pomada dos equipos que loitan por escudar ó Esteo FS, que ten unha renta importante e que de seguro lle permitirá, salvo sorpresa maiúscula, gañar o campeonato.
A vindeira semana, os xovenses visitan a difícil pista do Ribeira de Piquín FS.
Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Darío, Dani Díaz, Marcos (1) e Dani López (2) – quinteto inicial – Ivi, Alex, Iago Casas e Tatiko.