O Mesón A Fuga Xove FS acusa as importantes baixas e perde ante o Coruxo FS

scale

Escasez de efectivos. Este é o principal problema que está atopando Fran Paz nos últimos partidos a domicilio do Xove FS. Ben sexa por lesións  ou por motivos persoais, o adestrador verdillo non está podendo aproveitar todo o potencial do que dispón na plantilla e vese obligado a disputar os partidos con moi poucas rotacións. Este pasado sábado en Vigo non puideron acudir ó encontro:  Pipe, Suso, Quelle, Dani López, Dani Díaz, Chetis e Vicente Lanas, é dicir, a metade do equipo. Así pois, con tan só sete xogadores, cinco de pista e dous porteiros, encaraban os mariñans este difícil partido contra o Coruxo FS, inmediato perseguidor na táboa clasificatoria.

Pese á pouca profundidade de banquillo, os xovenses saltaron á pista coa firme intención de batallar o partido ata onde as forzas llo permitisen. E así foi. Cunha defensa moi ordeada na súa propia pista e tratando de economizar esforzos,  conseguían frear os ataques vigueses unha e outra vez. Os locais mantiñan un dominio abrumador da posesión do balón, pero apenas conseguían inquietar os dominios de Pulido. Ademáis, de vez en cando, os visitantes permitíanse algunha alegría ofensiva, poñendo ó rival en apuros e provocando que chegaran á sexta falta que da opción de tirar dobre penalti. Mágoa o erro de Ivi na execución, pois sería un excelente premio ó traballo que estaba realizando o equipo.

E do que puido ser un marcador favorable os mariñáns antes do remate do primeiro tempo, convertiuse no primeiro gol local, cando un xogador do Coruxo roubaba un balón en zona perigosa e establecía un 1-0 co que se chegou ó tempo de lecer. Faltaban tan só trinta segundos para o final, e o Xove recibía un castigo moi severo para o visto na pista.

Pese ó mazazo do gol, os xovenses comezaron a segunda metade ca mesma tónica: paciencia co balón e orden defensivo. Nembargantes, o paso do minutos comezaba a facer mella nos xogadores mariñáns, como é loxico, e cada vez era máis difícil defender as embestidas locais, que sabedores da escasez de cambios, presionaban a saída de balón visitante.

Transcurridos algúns minutos do segundo periodo, un tiro lonxano, que aparentemente non tiña perigo, convertiuse no segundo gol local, que incrementaba a súa ventaxa no electrónico. Malia todo, pouco despois, Iago Casas fabricaba unha gran xogada persoal, driblando a varios adversarios ata chegar ás inmediacións da meta local e, cun gran disparo, establecía o 2-1.

E cando se abrían novas esperanzas para os xovenses, o partido rompeuse. Nun espacio duns poucos minutos, o xogo enloqueceu, con accións de gol en ambas porterías, e no intercambio de golpes, o que saíu mal parado de novo foi o Xove FS. Dispuxo de varias ocasións certamente claras, algunha incluso cando xa se cantaba o gol, pero non estivo acertado, e nos posteriores contraataques os locais non perdoaron e aumentaron a súa ventaxa ata o 5-1.

Excesivo castigo para un equipo que estaba deixándose a pel na pista, e facendo méritos para ter un marcador máis favorable.

Sen folgos, e incluso con problemas físicos, xa non houbo reacción posible dos visitantes e o partido foi consumindo os minutos que lle quedaban sen que variase o marcador.

Esta derrota sitúa os xovenses na sexta posición na clasificación, e alónxaos un pouco da loita polo segundo posto, se ben é certo que cómpre salientar que o papel do equipo frente as adversidades cas que se está atopando é digno de admirar. O vindeiro sábado visitará o pavillón municipal de Xove o Villalba FS.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Alex, Darío, Marcos e Ivi – quinteto inicial – Iago Casas (1) e Tatiko.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s