O Mesón A Fuga Xove FS retorna á senda da victoria como local no derbi contra o Superti Pontenova FS

ivipontenova

Logo de colleitar a súa primeira derrota da tempada na casa  diante do Ventorrillo FS quince días atráis, os pupilos de Fran Paz volveron a ofrecer un gran espectáculo á súa afición, que ateigaba os graderíos do pavillón municipal de Xove, para ver como os locais se impoñían no derbi comarcal á Pontenova FS.

O duelo resultou moi equilibrado, como reflexa o 3-2 final, e cada un dos equipos foi dono dunha das metades do partido. Os xovenses foron claros dominadores da primeira metade, mentras que os visitantes reaccionaron tralo descanso e a piques estiveron de darlle a volta a un marcador de 3-0.

Chegaban os pontenoveses a tan só dous puntos dos verdillos, e coa intención de aproveitarse da mala racha encadeada polos locais de tres derrotas consecutivas e das importantes baixas de Suso e Quelle, pero os xovenses non estaban pola labor de facilitarlle as cousas. Os locais saíron totalmente concentrados e motivados, polo que ó pouco de comezar xa conseguiron poñerse por diante no marcador, gracias a unha rápida acción que rematou, desafortunadamente, un xogador visitante na súa propia portería. O dominio local era total, e os pontenoveses apenas inquietaban a meta defendida por Pulido. Unha sólida defensa e rápidos contraataques, coma na meirande parte da tempada, eran as principais bazas dos de Xove. Froito de este dominio, os locais conseguiron ampliar a súa renta con dous goles máis, o segundo obra de Darío, ó aproveitar unha indecisión entre un defensa e o porteiro visitante, e o terceiro gol materializado por Alex, tras un rechace dentro da área. Polo tanto, primeira metade inmaculada dos locais, que se ían ó tempo de lecer co partido dominado completamente.

Nembargantes, cambiaron as tornas na segunda metade, e xa dende o asubío inicial dos árbitros os visitantes mostraron unha cara totalmente distinta; moito máis metidos no partido, e lanzándose na búsqueda de reducir distancias o antes posible. A Pontenova adueñouse da posesión do esférico, e comezou a poñer en apretos ós locais. Así, axiña subiron o seu primeiro tanto ó marcador, logo dun claro penalti.

O gol desconcertou ós locais, que optaron por tratar de presionar  a saída de balón dos visitantes, o que ocasionou que o partido se virara moito máis eléctrico, para disfrute dos aficionados.

Aínda se complicaron moito máis as cousas para os xovenses cando, nunha contra, os visitantes anotaban o 3-2 e se metían de cheo na loita polo partido.

Pese a todo, e igual que en moitos outros partidos como locais, o Xove FS púxose o traxe de faena, disposto a defender con unllas e dentes a mínima vantaxe que tiña no marcador e abofé que o conseguiu, porque aínda que os pontenoveses fixeron uso do porteiro-xogador e tiveron algunha opción de gol, éstes non foron quen de empatar o partido e os tres puntos ficaron en Xove.

Con esta importante victoria, os xovenses seguen metidos na loita polo segundo posto da clasificación, do que tan só o separan tres puntos, se ben é certo que entre o segundo e o décimo clasificado hai unha marxe de só 8 puntos, polo que dous resultados adversos fan descender varios postos na táboa e viceversa. O próximo sábado, o Xove FS visita a cidade olívica para enfrentarse o Coruxo FS.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Marcos, Ivi, Dani Díaz e Dani López -quinteto inicial- Alex (1), Darío (1), Pipe, Iago Casas e Tatiko.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s