Un mermado A Fuga Xove FS encaixa a súa terceira derrota consecutiva e Quelle lesionase de gravidade

danileis

Por distintos motivos, o Mesón A Fuga Xove FS desprazábase a Borbén con tan só 8 efectivos dispoñibles, dos cales 3 eran porteiros e 5 xogadores de pista. Os verdillos caeron por 3 goles a 1 sen embargo, pese as baixas, plantaron cara a un dos seus rivais directos na parte alta da clasificación durante todo o encontro.

No primeiro tempo, o equipo dirixido por Fran Veiga conseguía desbaratar os continuos ataques locais grazas a unha magnifica defensa que lle permitía chegar ao descanso con empate sen goles no marcador. Incluso os xovenses gozaron de boas oportunidades para adiantarse no marcador ó contraataque. A nota negativa do encontro produciuse a falta duns minutos para o remate do primeiro tempo, cando resultaba lesionado de gravidade o xovense Quelle, nunha acción fortuíta na que se rompeu o talón de Aquiles.

Aínda que se trate dunha crónica deportiva, dende o club antepoñemos o aspecto persoal ao deportivo, por iso nos gustaría manifestar todo o apoio de todos os que formamos esta gran familia verde para Quelle, quen pouco tempo atrás superou tamén unha grave lesión de xeonllo que o tivo afastado das pistas moitos meses, pero estamos seguros que será capaz de superar esta nova lesión e volverá con máis forza que nunca ás pistas, pois coraxe, pundonor e afán de superación son algunhas das moitas cualidades humanas que posee. Desexámoslle a máis pronta das recuperacións.

No segundo tempo, e logo da lesión de Quelle o conxunto verdillo quedábase sen rotacións. Nembergantes. o guión foi o mesmo que o do primeiro tempo, pero nesta ocasión os de Fran Veiga aproveitaban un contraataque para adiantarse no marcador por medio de Ivi, logo dunha xogada persoal de Marcos.

A falta de 4 minutos para a conclusión do encontro e logo dun rexeite dentro da meta defendida por Pulido o Pazos de Borbén empataba o encontro. Un minuto despois, os locais poñianse por diante logo dun penalti por unhas mans involuntarias de Dani Díaz dentro da área. Os verdillos reaccionaron en busca do empate atacando de 5 pero sen fortuna.

O terceiro e definitivo tanto do Pazos de Borbén chegaría a falta dun minuto cun Xove FS volcado en busca do empate. Sen lugar a dubidas, polo xogo despregado o conxunto de Fran Veiga mereceu máis premio neste encontro.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Quelle, Ivi (1), Dani Díaz e Dani López -quinteto inicial – Marcos.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s