O Mesón A Fuga Xove FS perde unha magnífica ocasión de escalar ata o segundo posto

429634

Desplazábanse os pupilos de Fran Veiga Paz ata terras do Morrazo para xogar o partido contra o Bueu FS, aprazado semanas atrás por culpa do temporal. A federación non axudou moito ós intereses dos mariñáns, posto que o partido celebrouse no martes de Entroido, data festiva , polo que o equipo acudiu con baixas representativas, comenzando polo propio adestrador, ademáis de Suso Herrera, Darío e Pipe.

Pese ás baixas, e xa desde os primeiros minutos o equipo saltou á pista con confianza a polos tres puntos, se ben tiña enfrente un rival que viña de colleitar un bo resultado contra o 5Coruña, rival directo dos xovense na loita polos postos altos da táboa. De todos modos, os de Xove comezaban o encontro coa intención de ter o balón, con posesións largas na búsqueda da mellor opción, mentres que o Bueu optaba por intentar conectar co seu pivote ou saír á contra. Así foi, que a primeira metade apenas houbo ocasións de relevancia. Os dous goles co que se chegou ó descanso, foron obra do equipo local; o primeiro logo do saque dunha falta, cun remate que se colou por debaixo dun defensor verdillo, batendo a Pulido, e o segundo logo dunha veloz contra culminada cun gran disparo que se colou por toda a escadra da portería visitante.

O marcador non era demasiado xusto para os merecementos de ambos equipos, pero o 2-0 era o marcador que reflectía o electrónico.

Na segunda metade o partido cambiou de velocidade. Os xovenses aceleraron o seu xogo, buscando crear máis profundidade en ataque, para chegar a porta con máis claridade, e fixéronse claros dominadores do xogo. A posesión era prácticament verde na súa meirande parte, e os locais defendíanse como podían e trataban de saír en infructuosos contraataques. Froito de tal dominio, os mariñans empezaron a acumular as súas primeiras ocasións ante o marco local, e conseguiron reducir distancias no marcador, cando un pase de Alex ó segundo pau era interceptado por un defensa local, que sen querer introducía o balón na súa propia porta.

Tralo gol, o Xove FS seguiu teimando para empatar o partido. Máis dominio, máis posesión, máis ocasións, pero o balón non quería entrar. A pouco máis de tres minutos do remate chegou a xogada clave, e polémica, do partido.

Iago Casas era derribado con claridade, e ademáis en presencia dun dos árbitros, que nos advertiu infracción ninguna na xogada, pero sí pitou falta na xogada posterior, cando Alex non tivo máis remedio que agarrar da camiseta a un xogador local, que encaraba desmarcado a portería visitante. O banquillo mariñán protestou airadamente esta decisión arbitral, e incluso o xovense Kazú foi expulsado polas protestas.

Como se trataba da sexta falta visitante, o árbitro ordeou dobre penalti, que transformaron os locais para establecer o 3-1.

Intentárono os visitantes con porteiro xogador, pero o desconcerto trala acción polémica e o pouco tempo que quedaba para rematar o partido fixeron que o marcador non se movese máis.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron: Pulido, Dani López, Alex, Quelle e Ivi – quinteto inicial – Iago Casas e Dani Díaz.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s