O Ventorrillo FS remata ca imbatibilidade do Mesón A Fuga Xove FS como local

xoveburela

Dez partidos. Ese é o rexistro no que quedou finalmente a traxectoria inmaculada dos pupilos de Fran Paz Veiga como locais. Logo de máis dunha volta enteira gañando todos os seus partidos na casa, os xovenses caeron derrotados ante o equipo coruñés do Ventorrillo FS, por un marcador de 2-5.

Adiantábase a venres o partido por mor do entroido, pero a afición acudiu igualmente o pavillón municipal, fiel a súa cita co Xove FS.

Chegaba o Ventorrillo con xogadores de sobra coñecidos por todos os presentes. David Rouco,  veciño de Xove, e porteiro ata esta mesma tempada dos locais; Borja e Xoel, viveirenses e procedentes da canteira do extinto Porto de Celeiro FS e Javi Alvéndiz, se cadra un dos mellores xogadores que se recorda no outrora equipo referencia da Mariña, o Cefire Burela FS, e autor do tanto decisivo que supuxo o ascenso á división de honra do mesmo. Os catro resultaron decisivos na victoria visitante.

Pese a que ocupaba postos intermedios na clasificación, a boa plantilla dos coruñeses, así como a intensidade ca que saliu á  pista, fixeron que desde os primeiros intres do partido os xovenses atoparan un rival que lle ía complicar as cousas, e de qué maneira.

Os primeiros minutos foron de tanteo, con defensas presionantes en pista contraria e sen un dominador claro no xogo. De todos modos, adiantábanse os locais no marcador, gracias a un gran gol de Darío, que aproveitaba un balón solto no medio do campo, para salvar a salida en falso do porteiro visitante cunha elegante vaselina.

Nembargantes, pouco despois, o Ventorrillo empataba o encontro, logo dun rexeite de Tatiko, que un xogador visitante conseguiu empurrar ó fondo das redes. Partido empatado e moita igualdade como tónica xeral. Esta igualdade rompeuse logo dun fallo defensivo dos xovenses, que aproveitaron os coruñeses para adiantarse no marcador, e restableceuse a pouco do final da primeira metade, cando Suso recibiu un balón dentro do área rival e resolveu con eficacia devolvendo as táboas no marcador. Con este resultado de 2-2 chegábase ó descanso, con todo por decidir.

Na segunda metade o partido cambiou por completo. O Ventorrillo adueñouse do partido, e deles foron as mellores ocasións e o dominio do xogo. Según ían avanzando os minutos, os locais non eran capaces de desplegar o seu xogo habitual, e o cansanzo comezaba a pasar factura. Pese a todo, tamén dispuso dalgunha ocasión, pero a boa actuación de Rouco, evitaría que os mariñáns puidesen meter algún gol máis.

 A falta de tres minutos chegou o mazazo para os locais, en forma de terceiro gol visitante, despois dun saque de banda con remate de Borja, que se colaba pola escuadra da portería defendida por Pulido, ante o que nada puido facer.

Inmediatamente Fran Paz Veiga ordeaba ataque con porteiro-xogador, pero dous goles consecutivos do Ventorrillo, un de Javi Alvéndiz desde o seu propio campo , e outro de Xoel ó rematar de cabeza un balón en largo cando non estaba o porteiro local, daban ó traste cas ilusións dos xovenses por empatar de novo o partido.

 Seguiron intentándoo os verdillos, pero a falta de puntería e Rouco impediron que se movera o resultado de 2-5, co que finalizaba o partido.

Os xovenses deberán dixerir rápidamente esta derrota, posto que o vindeiro martes desplázanse a Bueu para xogar o partido aplazado no seu día polo temporal.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Alex, Quelle, Suso Herrera (1), Darío (1) – quinteto inicial – Dani López, Ivi, Iago Casas e Pulido.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s