O Mesón A Fuga Xove FS fai cumprir os pronósticos frente ó CAFyD F.S.

ivi

Os mariñáns consiguiron unha nova victoria, esta vez como visitante, frente ó pechacancelas da categoría, o Cafyd FS de Marín, e a falta de disputar un partido aprazado, mantéñense empatados a puntos co 5 Coruña FS e o Pazos de Borbén FS na segunda posición.

Aínda que todo parecía presaxiar que se trataría dun partido doado para os xovenses, nada máis lonxe, posto que o Cafyd vendeu moi cara a súa derrota e servíndose, nalgunhas ocasións, dun xogo inusitadamente duro e aguerrido, chegou ós intres finais do partido con opcións, esixindo ós visitantes ata o bocinazo final.

A primeira metade comezou cos dous equipos tanteándose, esperándose no seu propio campo e á espera de saír en contraataque. O xogo era un pouco deslabazado e diso aproveitouse o Xove para establecer o primeiro gol no marcador, tras unha contra que finalizou Alex. Tras este gol, o partido seguiu moi errático, e pouco despois, os locais conseguían empatar, tras unha mala salida do balón en defensa dos verdillos.

Pouco lle durou a ledicia ós locais, pois novamente Alex, logo dun rechace do porteiro materializaba o 1-2 para os mariñáns. A renglón seguido, Alex aumentaba aínda máis a ventaxa visitante e completaba o seu particular hat trick, que poñía o 1-3 no electrónico, co que se chegaría ó descanso.

Na segunda metade, os xovenses saliron dispostos a ter un pouco máis de dominio do esférico e tratar de manter a súa vantaxe e incluso ampliala ante os riscos que tiñan que asumir os locais. Durante os primeiros minutos foron quen de conseguilo, e incluso subiron un novo gol ó marcador cando Suso finalizaba maxistralmente unha gran xogada de ataque.

Os minutos corrían a favor dos visitantes, e ó igual que no primeiro tempo, a dureza ca que se empleaban os locais creaba xogadas polémicas e encontronazos cada pouco tempo, e espoleábaos en busca de reducir distancias.

Tanta insistencia tuvo os seus froitos para o Cafyd, que aproveitou un mal despexe do Xove para establecer o 2-4. Este gol aínda fixo que empuxaran ós visitantes con máis aínco cara a súa portería, xa con porteiro-xogador, e noutra acción de casta e pundonor, establecían o 3-4, con todavía un minuto e medio por xogarse.

Este minuto e medio durou unha eternidade para os xovenses, que trataban de defender o resultado como fora. Nembargantes, e pese a que a piques estiveron os locais de empatar en varias ocasións, non o conseguiron, e os tres puntos marcharon cara a terras lucenses.

Con esta victoria, o Xove FS consegue mellorar os seus números como visitante, que poden ser decisivos ata o final de liga para loitar polos primeiros postos.

A vindeira semana, recibirán o venres no pabillón municipal de Xove ó Ventorrillo FS da Coruña, que de seguro lle complicará e moito as cousas ós pupilos de Fran Paz Veiga.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron : Tatiko, Quelle, Alex (3), Dani López e Ivi – quinteto inicial – Suso Herrera, Dani Díaz, Pipe e Iago Casas.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s