Victoria moi sufrida do Mesón A Fuga Xove FS diante do Leis FS

412667

Dez de dez. Os xovenses lograron o pasado sábado unha nova victoria ante o histórico Leis de Pontevedra e acumulan dez victorias noutros tantos partidos xogados como local. Todo un récord ó alcance de moi poucos equipos, incluso a nivel nacional. A súa solvencia na casa permite ós pupilos de Fran Paz Veiga seguir ocupando postos de privilexio na clasificación, e aínda deben disputar un partido aplazado contra o Bueu FS, que de ganar os auparía ó segundo posto.

Nembargantes, a diferencia de outros partidos gañados no seu feudo, os mariñáns tiveron que facer un gran esforzo para conseguir levarse os tres puntos e incluso remataron o partido defendendo con unllas e dentes a vantaxe lograda.

Os pontevedreses demostraron que, pese a non ter a potencia futbolística que acadaron anos atrás, cando lograron alcanzar a división de honra de fútbol sala, aínda son un equipo moi traballado e difícil de batir.

 Sabedores da solidez como local dos verdillos, algo que empeza a ser habitual nos equipos que visitan o pabellón municipal de Xove, plantexaron un partido moi ordeado e cunha defensa moi replegada e que non deixaba espacios que puideran aproveitar os xogadores locais. Os xovenses trataban de xerar perigo e levaban o peso do partido, pero as ocasións de gol apenas aparecían. As defensas vencían con claridade ós ataques, o que orixinou que se chegase ó tempo de lecer co marcador inicial de empate a cero.

420736

O segundo tempo comezou dun xeito similar; partido moi táctico, moi disputado e cun difícil pronóstico. Como non podía ser doutra maneira, o partido desiquilibrouse cunha acción individual, nesta ocasión do xogador local Dani Díaz, que cunha fantástica reviravolta deixaba atrás ó seu par, chegaba á línea de fondo e lograba conectar un tiro, que para desgracia dos visitantes, introducía en propia porta un dos seus xogadores. O gol cambiou o escenario do partido, posto que o Leis lanzouse a polo empate, o que ocasionou máis espacios ás suas costas.

Nun contragolpe de libro, unha gran acción combinatoria dos xovenses culminaba cun remate no segundo pau de Pipe, que establecía o 2-0 no marcador e que parecía sentenciar o partido.

Non sería así, posto que un fallo individual na salida de balón do Xove brindaría a posibilidade de reducir distancias no electrónico ós pontevedreses. Quedaban case catro minutos por disputarse, e o Leis sacaba porteiro-xogador para atacar en superioridade e conseguía crear moitos problemas ós locais, podendo empatar en varias ocasións. Pero os xovenses aferráronse ó 2-1 e o marcador xa non se movería, para ledicia dos siareiros locais.

A próxima semana, o Xove FS desplázase ata Marín, onde se medirá o Cafyd FS, pechacancelas da categoría e que aínda non foi capaz de inaugurar o seu casilleiro de victorias, co que semella un enfrentamento propicio para conseguir outros tres puntos que lle permitan afianzarse na parte alta da táboa clasificatoria. Polo Meson A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Quelle, Dani Díaz (1), Suso Herrera e Alex – quinteto inicial – Darío, Iago Casas, Pipe (1), Ivi, Chetis y Tatiko.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Fichajes. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s