O Mesón A Fuga Xove FS derrota con dificultade ó Pizzbur Cidade de Viveiro

pipe

Logo da cómoda victoria ante o filial do Burela FS a pasada semana, disputábase un novo derbi mariñán, esta vez entre xovenses e viveirenses.
A diferencia de puntos na táboa, así como a xeira de resultados coa que chegaban ámbolos dous equipos ó encontro, facía presaxiar un duelo claramente decantado do bando local; pero nada máis lonxe da realidade.

O Cidade de Viveiro plantexou un partido moi incómodo para os locais, cun ritmo de xogo moi lento e unha defensa moi atrasada, que non deixaba espazos ós pupilos de Fran Paz Veiga.
Os siareiros que acudiron a ver o encontro presenciaron o gol máis tempraneiro da tempada, cando con tan só sete segundos disputados, Quelle facía o primeiro gol do Xove FS, collendo despistados ós visitantes. Pero este gol non sería o anticipo dunha nova goleada local, senón unha mera anécdota, xa que a partir de ese intre o Cidade de Viveiro complicaría enormemente as cousas ós verdillos.

Ataque tras ataque, os locais empotrábanse contra o muro defensivo construido polos viveirenses diante da súa área. Esto provocou que as dúbidas e a ansiedade apareceran nos xovenses, que veían como o seu dominio total do partido resultaba infructuoso. Dita ansiedade incrementábase cando o porteiro visitante conectaba un lanzamento maxistral dende a súa portería que sorprendía ó cancerbeiro local Pulido, ante o que nada puido facer.

Con só un tiro a porta os viveirenses marchábanse ó descanso cun valioso empate para os seus intereses.

O paso polos vestiarios apenas variou o guión; un Cidade de Viveiro moi ordeado, agazapado atráis e buscando o contragolpe, e un conxunto local desquiciado polo contrario.

Pese ó mal xogo, o Xove FS tirou de casta e conseguiu poñerse por diante novamente no marcador, gracias a un gol de Ivi, que batía por baixo ó porteiro  Jandri, sen dúbida o mellor efectivo dos viveirenses o pasado sábado.

Pero nada cambiou. Xogo trabado, imprecisións e inquietude local polos goles que non chegaban.

Logo de moitos minutos con esta tónica, Suso Herrera establecía o 3-1, cunha boa maniobra individual dentro da área. Nembargantes, case que de seguido, reaccionaban os visitantes poñendo o 3-2, logo dunha pérdida de balón local. Con ese axustado marcador chegábase ós minutos finais do encontro, nos que os viveirense sacaban porteiro-xogador e verdadeiramente fixeron sufrir ós de Xove, con varias ocasións que a piques estiveron de materializar.

Finalmente, o Xove FS resistiu os ataques visitantes e mantivo a súa imbatibilidade como local, con moitos máis apuros que noutras ocasións.

Con esta victoria sitúase no cuarto posto da táboa clasificatoria, e a tan só dous puntos do segundo, o Pazos de Borbén FS. O vindeiro sábado visitará o Bueu FS e tratará de mellorar a súa condición de visitante para manterse nos postos altos.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Dani Díaz, Dani López, Quelle (1) e Alex – quinteto inicial – Suso Herrera (1), Ivi (1), Pipe, Iago Casas, Chetis e Tatiko.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Fichajes. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s