Victoria contundente do Mesón A Fuga Xove FS diante do Pescados Rubén Burela B FS

xoveburela

Pleno de victorias como local. Así remata a primeira volta da competición o equipo adestrado por Fran Paz Veiga.

Os xovenses demostraron novamente por qué o seu feudo é un fortín e derrotaron claramente ó filial burelés por 6-0, no derbi mariñán da xornada.

O equipo visitante acusou en exceso as importantes baixas coas que acudía a Xove, en especial a de Bruno de Nois, principal motor do seu xogo.

O partido comezou de cara para os locais, xa que ó pouco do asubío inicial, unha gran xogada individual de Dani López poñía en vantaxe ós xovenses.

Nembargantes, pese ó gol, o partido mostrábase equilibrado, co Burela «B» tratando de crear perigo na búsqueda da igualada, ante unha ordeada defensa dos verdillos. Logo de varias ocasións de gol tanto para locais coma para visitantes, con algún disparo á madeira, e con boas intervencións de ámbolos dous porteiros, chegábase ós intres finais do primeiro acto nos que, de novo Dani López, executaba maxistralmente un lanzamento de dobre penalti e establecía o 2-0 co que rematou o primeiro tempo.

A igualdade desta primeira metade deu paso a unha segunda na que só existiu un equipo: o Xove FS. Dominou tódalas facetas do xogo; adueñouse da posesión do balón, creou perigo tanto en ataque estático coma en transicións e continuou coa súa boa defensa, que o levou a manter imbatida a súa portería por primeira vez na tempada.

Darío e Dani Díaz firmaron sendos dobletes, con algún gol de fermosa factura, elevando o marcador ata o 6-0 final, que puido ser máis abultado de non ser pola boa actuación do cancerbeiro burelés Brais.

Con esta victoria, o Xove FS remata na cuarta posición a primeira volta, cun balance impecable como local e discreto como visitante, que o sitúan a nove puntos do líder da categoría, o Esteo FS.

A vindeira xornada recibirá, de novo no pabillón municipal de Xove, ó Pizzbur Cidade de Viveiro, nun novo derbi mariñán.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Darío (2), Dani López (2), Ivi e Quelle – quinteto inicial – Pipe, Alex, Dani Díaz (2) e Iago Casas.

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia