O Esteo FS remata coa boa xeira de resultados do Mesón a Fuga Xove FS

plantilaverde

Logo de catro victorias consecutivas, o equipo de As Pontes, primeiro clasificado, derrotou ós xovenses e afastounos ata os nove puntos de distancia na táboa clasificatoria.

Chegaban os pupilos de Fran Veiga lanzados a este choque, e moi confiados de poder plantarlle cara ó líder, que viñan de dúas derrotas seguidas.

Nembargantes, os ponteses non o ían a poñer doado e arrancaban o partido moi motivados e concentrados, polo que, xa nos primeiros intres da primeira metade, asediaron a portería visitante. Esta saída en tromba dos locais descolocou bastante ós xovenses, que se defendían como podían, pero que apenas conservaban o esférico.

Froito deste dominio local chegou o primeiro tanto do Esteo, á saída dun corner, e cun potente disparo ante o que nada puido facer Pulido.

O gol local espoleou ós visitantes, que comezaron a estirarse, a manter o balón e a chegar con perigo á meta rival. Non tardaría moito Darío en establecer a igualada, logo dun bo disparo, tamén dende fóra da área, que sorprendeu ó porteiro local.

O partido equilibrouse, e as defensas axustáronse moito máis. Tivo que ser unha acción individual a que rompería esta dinámica, cando o pontés Rubi, un dos máximos artilleiros do campeonato, demostraba tal condición cun fermosos gol de vaselina. Non durou moito a ledicia local, porque pouco despois Dani López demostraba tamén a súa pegada facendo o 2-2. Con este marcador de empate chegábase ó descanso.

A segunda metade convertiuse nunha gran batalla táctica. Os dous equipos mostrábanse respeto e non arriesgaban para desfacer o empate. Pero según foron pasando os minutos e o cansanzo fixo aparición, as defensas baixaron a súa intensidade e aparecen as ocasións de gol. Calquera puido meter, pero o desacerto dos atacantes e o acerto dos porteiros, especialmente outra boa actuación de Pulido, impedían o gol rival. Con este panorama chegouse ós derradeiros cinco minutos de partido, co marcador sen moverse.

Por sorte para o equipo pontés, a balanza desiquilibrouse ó seu favor cando, á saída doutro corner, un dos xogadores locais acertaba co marco visitante e poñía por diante ó seu equipo.

O adestrador xovense tivo que arriscar co porteiro-xogador, pero non andiveron finos nesta ocasión os verdillos, amosando demasiados nervos e indecisións.

Xa no derradeiro minutos, unha controvertida falta por man de Darío supuxo o cuarto gol local, despois dun dobre penalti. Un saque de portería de Pulido introduciríao un xogador local na súa propia porta case co pitido final bocina, establecendo o definitivo 4-3.

Con esta derrota, o Xove Fs alonxase un pouco dos postos de cabeza da táboa, pero sen dúbida, se continúa o seu bo facer como local, e consigue mellorar como visitante, seguro que poderá pelexar por volver a eles. A vindeira xornada, xa no 2013, recibirá o Burela “B” FS, no derradeiro partido da primeira volta.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Dani Díaz, Alex, Quelle e Iago Casas – quinteto inicial – Darío, Ivi, Chetis e Dani López.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s