O Mesón A Fuga Xove FS continúa intratable no seu feudo

xovefs
Unha vez máis, e xa van sete, os pupilos de Fran Veiga consiguen os tres puntos en xogo diante da súa afición. Esta vez, a víctima foi o 5 Coruña, un dos mellores equipos da categoría, pero que tamén sucumbiu ó bo facer dos xovenses como locais.
Chegaban ambos equipos empatados con 22 puntos nos postos altos da táboa clasificatoria e ambos con importantes baixas no seu plantel, coma os locais Dani López e Suso Herrera.
 Nembargantes, intuíase un partido intenso e disputado, e abofé que así foi.
Os primeiros minutos do choque foron de tanteo. Tanto mariñáns como coruñeses mostraban respeto hacia o rival. Os locais intentaban xogar de catro, mentras que os visitantes optaban por intentar surtir de balóns ó seu pivote.
O primeiro en romper a igualdade no electrónico foi o Xove Fs. Logo dunha boa xogada individual, Dani Díaz  cedía un balón franco para que Alex axustara o balón ó pau e convertira o primeiro dende fóra da área. Este gol non alterou demasiado o ritmo do partido; os xovenses defendíanse con orden e trataban de trenzar xogadas rápidas e os coruñeses apenas inquietaban a meta de Pulido e só o seu pivote era quen de crear algún perigo.
Pasada a metade do primeiro tempo, Dani Díaz marcaba o segundo para os locais de forte disparo dende 12 metros, que aínda poñía máis terra de por medio.
O rigor táctico do Mesón A Fuga, defendendo con intensidade na súa propia pista, e saíndo con velocidade á contra, decantaba a balanza do lado verdillo. Incluso Ivi puido facer o terceiro, de non ser o longueiro, que repeleu o seu bo disparo. Co marcador de 2-0 chegábase ó descanso.
A segunda metade ofreceu un bonito espectáculo de futbol sala ós siareiros presentes o pasado sábado no municipal de Xove. Ó pouco de comezar, unha discutida man de Dani Díaz era señalada como penalti polos colexiados, ocasión que non desaproveito o 5 Coruña para reducir distancias.
O partido gañou en tensión polos roces entre algúns dos xogadores en pista, o que se traduxo en faltas, piques e protestas ós árbitros. Froito desta tensión, o 5 Coruña perdía un dos seus efectivos, por doble cartón amarelo. Desa inferioridade rival de catro contra tres, aproveitábanse os locais para establecer o 3-1, obra de Dani Díaz, o mellor xogador local durante o partido.
As présas apareceron nos visitantes, que na súa búsqueda de acercarse no marcador, deixaban máis espazos para as contras locais. Ademáis, unha fabulosa xogada de tiralíneas xovense facía que Ivi rematara sen oposición para establecer o 4-1.
 O partido semellaba finiquitado, pero nada máis lonxe. Pouco despois, Pulido detía un tiro sen aparente perigo, pero do rechace aproveitábase un xogador visitante para reducir distancias. Os nervos locais comezaban a aparecer, e aínda medrarían cando logo dunha pérdida de balón local, o 5 Coruña establecía o 4-3.
Os visitantes fixeron uso do porteiro-xogador, e causaron algún que outro problema ós xovenses, que defendían con unllas e dentes a súa vantaxe. Por sorte para os locais, o marcador non se movería e o partido remataba co definitivo 4-3.
Victoria moi importante para o cadro mariñán, que o aúpa ó terceiro lugar na clasificación, a seis puntos do líder, O Esteo, xusto antes de renderlle visita o vindeiro sábado. De conseguir vencer este partido, meteríase de cheo na loita polo campeonato.
Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Quelle, Alex (1), Dani Díaz (2) e Iago Casas – quinteto inicial –  Darío, Ivi (1) e Pipe.
Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s