Primeira vitoria como visitante do Mesón A Fuga Xove FS

ivi

Os pupilos de Fran Veiga acadaron o pasado sábado en Melide a súa primeira vitoria lonxe da súa pista ante o Eypar FS, pechacancelas na táboa clasificatoria.

Os xovenses non realizaron o seu mellor partido, firmando unha actuación bastante discreta, sobre todo na segunda metade. Nembargantes, a boa nova para os mariñáns é que se rompeu ca xeira de malos resultados colleitados como visitantes, e que de seguro insuflará unha gran dose de confianza de cara á vindeira saída, onde se enfrentará ó Esteo Fs, líder da categoría.

Saltaba o Xove Fs determinado a conseguir a victoria dende o primeiro minuto, así que presionaba a saída de balón do Eypar con intensidade, o que lle otorgaba a posesión do esférico a maior parte do tempo. Os melidenses defendían en zona, moi preto da súa portería, pero a boa circulación de balón dos visitantes desarbolaba a súa defensa unha e outra vez, froito do cal chegaron as primeiras ocasións claras de gol. Nunha delas, Dani López conectaba un forte disparo dende doce metros, que se convertía no primeiro gol. Pouco despois, o mesmo Dani López conseguía o seu segundo tanto ó aproveitarse dunha mala salida do porteiro rival.

O Mesón A Fuga era dono absoluto do partido, creaba ocasións, e apenas recibía ningún perigo por parte do equipo local, que se limitaba a intentar sacar proveito das pérdidas de balón dos visitantes para armar contraataques.
De todos modos, o Eypar foi capaz de reducir distancias no marcador logo do saque dun corner, no que a mala fortuna propiciou que Dani López introduxese involuntariamente o balón na súa propia portería.
Aínda así, o gol local foi un espellismo posto que, pouco despois, un gran pase en diagonal de Darío culminábao Alex no segundo pau para establecer o 1-3. O Xove FS continuaba a dominar claramente o partido, e antes de rematar a primeira metade aínda foi quen de aumentar a renta ó seu favor gracias a un gol de Quelle, logo dunha boa presión ó porteiro do Eypar.

Pero o que se antollaba como unha victoria moi cómoda do Xove, complicouse ostensiblemente na segunda metade. O tempo de lecer non sentou ben ós mariñáns, que saíron moi fríos á pista, e o dominio abrumador da primeira parte deu paso a un partido moito máis aberto, cheo de imprecisións por parte de ambos equipos e chegadas en contraataques nas dúas áreas, o que claramente beneficiaba ó equipo local, moito máis cómodo na desorde.

Os xovenses non tiñan o control do balón e non conseguían armar posesións longas que lle deran pausa ó xogo. O Eypar estaba moito máis metido no partido, e aínda que mostraba limitacións, sí comezou a crear peligro na área rival. O Xove parecía sen ideas, fóra do partido e recibía o segundo gol do Melide que aínda acentuaba o seu desconcerto. Ata o final do partido non puido facer máis que defender a renta que tiña, ante un rival moi inferior, pero que o estaba poñendo contra as cordas. Por sorte para os verdillos, o terceiro gol local chegou a falta de escasos segundos para o final, establecendo o que sería o definitivo 3-4.

Doble lectura pois, a que se pode facer deste partido posto que, pese a non facer un bo partido, sacáronse tres puntos importantes para manterse arriba na táboa clasificatoria, pero mostrando carencias que se han de pulir de cara ós seguintes partidos de liga, nos que se enfrentará a dous dos mellores equipos da categoría : o 5 Coruña o día vindeiro 15 de decembro en Xove, e o Esteo FS nas Pontes o día 22.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Darío, Alex (1), Quelle (1) e Iago Casas – quinteto inicial – Ivi, Pipe, Dani López (2) e Pulido.

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Esta entrada fue publicada en Crónicas, El Club, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s