Iago Casas guía ó Mesón A Fuga Xove Fs a unha nova vitoria diante da súa afección

Os pupilos de Fran Veiga logran unha nova vitoria como locais ante o Carballiño FS, que unida ás derrotas dos equipos que o preceden, ocupa ó cuarto posto da clasificación e achégano ó segundo lugar, que ocupa A Pontenova, con tan só dous puntos máis.

Sen embargo, pese a vitoria, custoulle ós xovenses entrar no partido. Os ourensáns, un equipo moi novo, comezou forte e axiña se puxo por diante no electrónico, grazas a unha gran xogada colectiva. Os verdillos non conseguían facerse donos do partido nin creaban moito perigo ante a meta rival, a excepción dun lanzamento á base do poste de Dani Díaz, logo dunha falta.

Aínda se complicarían máis as cousas cando o dúo arbitral expulsaba a Suso Herrera con cartón vermello directo. Pero o que se supoñía un momento propicio para que o Carballiño FS ampliara a súa vantaxe no marcador converteuse no punto de inflexión do partido. O Xove Fs defendeuse estoicamente en inferioridade, e aínda foi quen de provocar a sexta falta dos visitantes, ocasión que non desaproveitou Dani López para establecer a igualada. Con este marcador de empate a un tanto chegábase ó descanso.

Na segunda metade o partido cambiou totalmente. Os mariñáns, aleccionados polo seu técnico, saíron a por todas dende o comezo, e cunha presión asfixiante, embotellaron ó rival na súa pista, e que apenas podía conectar tres pases seguidos. Os goles non se fixeron esperar e sería Iago Casas o xogador verdillo que se convertería en protagonista principal do partido. Lograba o 2-1 despois dunha xogada de estratexia ó saque dunha falta. Pouco despois conseguía o segundo e terceiro gol particular en dúas boas xogadas colectivas. Pipe aumentaba o marcador ata o 5-1 e finiquitaba o encontro. A partir de este momento, os locais controlaron os ataques rivais con certa comodidade, aínda que se cargarían de faltas moi rápido. Este feito orixinou que os xovenses baixasen a súa intensidade defensiva, pero a boa actuación de Pulido, que sustituía a Tatiko no descanso, cun bo número de paradas e moi enchufado no partido, conseguiu manter a vantaxe no marcador, que aínda aumentaría cando Iago Casas lograba o seu póker de goles ó disparar dende o seu propio campo, tras interceptar un pase rival cando estes xa xogaban con porteiro xogador. Só no último minuto de partido, con todo o pescado vendido, conseguía maquillar o resultado o Carballiño, establecendo ó definitivo 6-3 no marcador.

Continúan intratables no seu feudo os xovenses e o vindeiro sábado desprazaranse a Melide para xogar contra o Eypar FS, último na táboa clasificatoria, co que se presenta unha boa ocasión para cambiar a inercia negativa como visitante.
Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Darío, Pipe(1) , Suso Herrera e Iago Casas(4) – quinteto inicial – Dani Díaz, Dani López(1), Alex, Ivi, Quelle e Pulido.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s