O Mesón Pizzería A Fuga Xove FS vence ó Ribeira de Piquín FS nun partido tolo

Partido vistoso o disputado o pasado sábado no municipal de Xove, con emoción, goles e suspense ata os derradeiros segundos do choque. Os locais leváronse a vitoria grazas a un gol de Quelle a falta de trinta segundos, cando o Ribeira atacaba con porteiro-xogador.

O partido comezou cos dous equipos con clara vocación ofensiva, e dispostos a poñer en perigo a meta rival con celeridade. Así, xa nos primeiros minutos adiantábase o equipo visitante, logo dunha mala acción defensiva da zaga local. Isto non fixo máis que abrir a veda ante os porteiros, xa que logo, Alex conseguía empatar despois dunha boa xogada de Pipe e posteriormente Ivi poñía por diante os xovenses.

O partido era igualado e disputado, pero dúas tarxetas amarelas case consecutivas do visitante Miguilla, por sendas faltas a Darío, empezaron a decantar a balanza do lado dos mariñáns, xa que se trataba dun dos mellores efectivos do rival e ademáis Pipe aproveitaría a superioridade numérica por mor da expulsión para poñer o 3-1 no marcador.

Sen embargo  o Ribeira non baixou os brazos, e xa na primeira metade atreveuse co porteiro-xogador, demostrando que teñen moi traballado o ataque en superioridade numérica e conseguindo reducir distancias no marcador. Co resultado de 3-2 favorable ós locais chegouse ó tempo de lecer.

A segunda metade converteuse no tipo de partido que gusta ó afeccionado de fútbol sala e desgusta de maneira profunda ós adestradores. Ata en catro ocasións conseguiron neutralizar os ribeiráns un gol de vantaxe do Xove FS. O partido entrou nunha fase de desconcerto tanto ofensivo como defensivo, contraataques, e ocasións de gol.

A expulsión do ribeirán Ismael, outro dos seus xogadores destacados, supuxo outra inferioridade numérica, que sabería aproveitar o Meson A Fuga novamente por medio de Ivi.

Pipe, cun precioso gol de cabeza, e Alex, despois de varios rexeites, tamén anotarían para os locais.

A estes goles respondía o Ribeira con outros tantos, grazas ós seus ataques con porteiro-xogador, que causaron grandes problemas á defensa xovense.

Con empate a seis goles chegouse ó ultimo minuto do partido, e o Ribeira de Piquín continuaba atacando de cinco, buscando a vitoria. Esta valentía pagouna cara, posto que a só trinta segundos para o final, Quelle conseguía roubar un balón e dende o seu propio campo conectaba un tiro axustado que facía o definitivo 7-6, para ledicia dos xogadores locais e a súa afección.

Polo tanto, o Xove FS continúa invicto como local, logo de sacar adiante un partido que puido gañar calquera dos dous equipos e achégase un pouco máis os postos altos da táboa, debido a derrotas dalgún dos equipos que o preceden na mesma.

A vindeira xornada os xovenses actuarán de novo como locais, nesta ocasión diante do Carballiño FS.

Polo Mesón Pizzería A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Darío, Iago Casas, Pipe(2) e  Alex(2) – quinteto inicial – Ivi (2), Quelle(1) e Dani Díaz.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s