O Mesón Pizzeria A Fuga Xove FS nada a contracorrente para morrer afogado na orilla

Desprazábanse os pupilos de Fran Veiga ata a capital da Terra Cha para enfrontarse ó Vilalba FS, logo dunha xeira de tres partidos sen perder e con case a totalidade da plantilla, a excepción de Chetis e Lanas. Ocasión magnífica para conseguir a primeira victoria a domicilio da tempada; pero non puido ser.

Comezaron forte e xogando o balón con criterio os xovenses , froito do cal chegaron as primeiras ocasións claras. Unha vez máis, como de cotío sucede cando xogan como visitantes, os mariñáns estreláronse co gardamallas local e, ata en dúas ocasións, cos paus.

E unha vez máis tamén, recibía gol na primeira xogada de perigo por parte do equipo contrario, nunha boa xogada de contraataque culminada no segundo pau.
Co gol local, o partido equilibrouse. O Vilalba atopábase cómodo xogando á contra, e o Xove Fs perdeu profundidade. Peor se poñerían as cousas para o Mesón A Fuga cando, tras unha nova contra vertixinosa, os locais establecían o 2-0. Os chairegos fixéronse donos do partido, que manexaban ó seu antoxo, e aínda puideron meter algún gol máis,pero con ese tanteo de 2-0 que sinalaba o electrónico chegouse ó descanso.

O comezo da segunda metade continuou co guión do final da primeira. Os de Xove enredábanse en posesións estériles e perdas de balón que propiciaban rápidas contras dos locais. De esa maneira chegou o terceiro gol dos chairegos.

Sen embargo, o Xove FS tirou de casta e conseguiuse meter de novo no partido. Darío anotaba dous goles case seguidos, logo de dúas boas xogadas colectivas, e o equipo comezaba a mandar de novo no partido e a crear perigo diante da meta rival.
Pese a iso, os de Vilalba perforarían de novo a meta visitante, nunha nova contra finalizada, non sen polémica, cunha boa acción persoal dun dos xogadores vilalbeses.

A partir deste momento, o partido cambiou radicalmente. Os nervios e a tensión comezaron a aflorar. As decisións arbitrais empezaron a ser moi discutidas polos visitantes e, os colexiados expulsaron ó adestrador xovense por protestar algunha destas accións. O partido volveuse tolo. Os xovenses comezaron a atacar con porteiro-xogador e asediaban a portería rival. Suso Herrera conseguía reducir distancias, e Dani López e Alex lograban tamén marcar e dar a volta ó marcador, logo de sensacionais ataques xogando de cinco. O marcador sinalaba un 4-5 con algo menos de catro minutos por xogarse.

Pero a ledicia duroulles pouco ós mariñáns, posto que os árbitros se convertiron definitivamente en protagonistas do partido, sinalando dúas faltas moi rigurosas a prol do Vilalba FS; faltas que se cobraron con dobres penaltis, posto que O Mesón A Fuga xa estaba co bonus das cinco faltas, e que executou con mestría un dos xogadores locais. Isto alporizou de maneira ostensible ós visitantes, que protestaron iradamente estas decisións, motivo polo cal foron expulsados Darío e Dani Lopéz. Estas expulsións privarían de xogar con cinco xogadores ó Xove FS o que quedaba de partido, e aínda recibirían un gol máis logo dunha posible falta a Suso xusto ó carón da portería.

Acababa o partido con 8-5 final, cos de Xove moi enfadado cos árbitros e cun expulsado máis, Suso, que se perderá tamén o partido da semana que ven.
Polo tanto, o Xove FS trouxo de Vilalba, a parte da derrota, baixas importantes por sanción para o seu vindeiro partido, o próximo sábado no pavillón municipal diante do Ribeira de Piquín FS.

Polo Mesón Pizzería A Fuga Xove FS xogaron e marcaron : Tatiko, Darío (2), Dani López (1), Alex (1) e Suso Herrera (1) – quinteto inicial – Dani Díaz, Quelle, Iago Casas, Pipe, Ivi e Pulido.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Crónicas, Primer Equipo. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s