O Mesón A Fuga Xove FS continua invicto como local

Nova vitoria dos pupilos de Fran Veiga, nesta ocasión diante do IES Coruxo vigués e por un marcador contundente de 7-3.

Repetiuse o guión da temporada; cando os xovenses xogan como locais son un equipo difícil de bater. Catro vitorias noutros tantos partido no pavillón municipal así o demostran.

Unha sólida defensa, presionando moi arriba ó rival gran parte do partido, así como a xeración de moitas oportunidades, ben sexa en rápidas contras ou xogadas de estratexia a balón parado, son os pilares nos que cimentou a vitoria o Xove FS. Os mariñáns encarrilaron axiña o partido cun gran gol de vaselina de Suso Herrera, e pese ó tanto do empate do Coruxo, non se descompuxeron e rapidamente Quelle puxo de novo en vantaxe ós de verde. Pouco despois, Dani López mostraba a súa mestría nos lanzamentos de dez metros anotando dous goles máis para os locais e poñendo terra de por medio antes do descanso.

Na segunda metade o Coruxo puxo en máis dificultades os xovenses, presionando e roubándolles o balón con rapidez, pero non conseguía crear demasiado perigo. Sen embargo, xogando á contra, o Xove conseguiu finiquitar o partido, con outros tres goles, obra de Dani Lopez, Pipe e Iago e aínda dispuxo de algunha ocasión para meter algún gol máis.

O Coruxo sacou porteiro-xogador con moito tempo por disputar, pero só conseguiu reducir distancias no marcador cando o partido xa tocaba ó seu fin.
Con esta vitoria o  Xove FS achégase un pouco máis os postos altos da táboa; é sexto con 13 puntos, e buscará seguir con esta boa racha de resultados de tres partidos sen perder, o próximo sábado en Vilalba diante dos chairegos.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Darío, Suso Herrera (1), Dani López (3) e Dani Díaz – quinteto inicial – Alex, Ivi, Quelle (1), Pipe (1), Iago (1) e Vicente.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo. Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s