O Mesón A Fuga Xove FS vence a un correoso Pazos de Borbén FS

O equipo dirixido por Fran Veiga colleitou a súa terceira vitoria como local, logo de derrotar ó equipo pontevedrés por 3-1.

Comezaba o partido un pouco máis tarde respecto ó horario oficial, debido ó retraso na viaxe do equipo visitante. Quizás motivado por este aspecto, o Pazos de Borbén saltou algo frío á pista, feito que aproveitaron os xovense para colocarse rápidamente cun 2-0 no electrónico, grazas ós goles de Pipe.

Os de Xove eran netamente superiores, e mandaban con autoridade no partido. Pero co paso dos minutos, o equipo pontevedrés foise entonando, e empezou a complicar as cousas ós locais, obrigando ó porteiro local Tatiko, a intervir en máis dunha ocasión. Sen embargo, foi Darío quen, nunha boa xogada trenzada, estableceu o 3-0 no marcador, co que se chegaría o descanso.

Na segunda metade, o Pazos de Borbén intensificou os seus ataques e conseguía que os locais perderan o balón con facilidade. Novamente Tatiko, o mellor xogador do partido para os mariñáns, convertíase en protagonista do mesmo, ó ser quen de rexeitar todos os ataques rivais con grandes intervencións, algunha vez incluso coa axuda dos paus da portería.

Xa nos últimos minutos do partido conseguía reducir distancias o equipo visitante, grazas a unha falta na frontal da área. Pouco despois sacaban  porteiro-xogador para achegarse aínda máis no marcador, pero o Xove FS defendeu ben a súa portería e aínda puido meter algún gol máis en rápidas contras, pero o marcador xa non se moveu.
Discreto partido do Xove FS, no que quizais o mellor foi a vitoria e os tres puntos logrados, que o axudan a manterse na parte media-alta da táboa clasificatoria, e o debut nesta tempada de Ivi e Quelle, logo de superar as súas respectivas lesións.

A vindeira semana, os de Xove visitan ó Superti FS da Pontenova, no que será o segundo derbi mariñán da temporada, e ante un rival que marcha como segundo clasificado e que de seguro lle planteará un partido complicado ós xovenses.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Darío(1), Dani López, Alex e Pipe(2) – quinteto inicial – Dani Díaz, Ivi, Chetis, Quelle, Iago.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s