O Mesón A Fuga Xove FS cae derrotado pola mínima na pista do Ventorrillo

Desprazábase o equipo xovense á cidade da Coruña, coa firme intención de conseguir os seus primeiros puntos como visitante da temporada, pero pese a ter as súas opcións, non foi quen de acadar a vitoria.

Os primeiros compases do encontro non tiveron un claro dominador, se ben os coruñeses se achegaban máis a portería defendida por Pulido.

Cambiou o guión do partido o primeiro gol local, conseguido logo dun erro do porteiro mariñán nun despexe. Despois do gol, estirouse ofensivamente o Xove, pero sen ter a profundidade necesaria para crear ocasións claras de gol, e cun xogo algo errático por momentos. Con este marcador de 1-0 chegaríase ó descanso.

Comezaba o segundo tempo cun Xove FS moito más agresivo na súa defensa, presionando a tres cuartos de pista e roubando innumerables balóns, e facéndose ca posesión do balón. Os ataques dos verdillos gañaron en velocidade, froito do cal chegaron as primeiras ocasións claras de gol. Nunha de estas ocasións conseguía Dani Díaz poñer o empate no marcador, con moito partido aínda por diante. De todos modos, evidenciouse neste tramo de partido, unha vez máis, o pouco tino do equipo de cara a gol cando xoga como visitante, porque desperdiciáronse ocasións como para poder sentenciar o partido.

Os que non perdoaron foron os locais, que despois dunha perda de balón dos xovenses estableceron o 2-1. Novamente se vían por detrás os de Xove, e novamente necesitaban remontar un marcador adverso. Este gol desconcentrou un tanto ós hoxe visitantes, e o partido virouse de ida e volta, onde calquera podía marcar.

Foi o Ventorrillo, logo de un novo contraataque o que subía o 3-1 no marcador, e xa con escaso tempo para rematar o partido.

 O adestrador Fran Veiga sacou porteiro xogador e o Xove FS foi quen de reducir distancias por medio de Suso Herrera e incluso dispuxo de unha última gran ocasión nas botas de Dani López, ó saque dunha falta directa ó borde da área, que puido significar o empate no marcador, de non ser por unha gran parada do porteiro local.

Polo tanto, esta nova derrota afasta ó Meson A  Fuga Xove FS dos primeiros postos da clasificación e deberán esperar ó seguinte partido, no que recibirán no pavillón municipal ó Pazos de Borben FS, para poder resarcirse diante da súa afición.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Pulido, Darío, Dani Díaz (1),Dani López e Pipe – quinteto inicial – Suso Herrera (1), Alex.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s