O Mesón A Fuga Xove FS vence con comodidade diante do CAFyD de Marín

Segunda vitoria da tempada para os pupilos de Fran Veiga. O partido disputouse no Pavillón Viñas da Veiga de San Ciprián, por mor do encontro de palilleiras celebrado durante o fin de semana no Pavillón Municipal de Xove.

Comezaba o encontro cos dous equipos estudando ó rival. Os xovenses buscaban hilvanar posesións largas e manter o dominio do balón, mentres que os de Marín procuraban crear situacións de superioridade e paredes por banda.

Non foi ata a metade do primeiro tempo cando se abriu o marcador. Un erro na circulación do balón do Xove FS propiciou un contraataque rápido do CAFyD, que establecía o 0-1 no electrónico.

Sen embargo, os xovenses repuxéronse inmediatamente do gol rival ó aproveitar unha xogada de estratexia  culminada por Alex logo do saque dunha falta ó borde da área.

Pouco despois sería Pipe quen, con dúas accións individuais, conseguía por en vantaxe ós locais. Antes de rematar a primeira metade, aínda habería tempo para tres goles máis. Achegábase no marcador o CAFyD co 3-2, pero Dani López primeiro, cun lanzamento de dez metros, e Alex despois, ó aproveitar unha serie de rexeites dentro da área, establecían o 5-2, marcador co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade, saían os locais con instrucións de controlar o xogo para administrar a renda conseguida, mentres que os marinenses procuraban reducir distancias. Os minutos ían pasando, e o Xove conseguía o seu obxectivo, sen apenas sufrir problemas en defensa e incluso podendo ampliar a renda a través de rápidas contras tras roubos de balón.

 Non foi ata o tramo final do partido, cando Dani Lopez e Chetis, xa co equipo visitante atacando con porteiro-xogador, establecerían o definitivo 7-2.

Vitoria doada para os de Xove, que a vindeira semana desprazaranse  ata a Coruña para enfrontarse ó Ventorrillo, coa intención de sacar os seus primeiros puntos lonxe da casa e asentarse nos postos altos da táboa.

Polo Mesón A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Darío, Alex (2), Dani López (2) e Pipe (2) – quinteto inicial – Dani Díaz, Chetis (1), Suso Herrera, Pulido.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s