As baixas e a falta de tino condenan A Fuga Xove FS en Pontevedra

O Mesón A Fuga Xove FS  colleitou este sábado a súa segunda derrota como visitante, en outros tantos partidos xogados lonxe da súa pista, diante do histórico Leis F.S. de Pontevedra.

Xa antes de comezar o partido se poñían as cousas complicadas para o equipo mariñán, xa que non puido contar co seu adestrador Fran Veiga por motivos personais. A este contratempo, sumábase importantes baixas como Darío, Ivi, e Quelle.

Xa durante o choque, o equipo perdeu tamén a Suso Herrera, que apenas xogou uns minutos debido ás molestias físicas que arrastraba de toda a semana.

O partido comezou con igualdade entre ambos equipos, con algunha ocasión salientable para os xovenses, pero que non se concretou. No obstante, serían os pontevedreses os que abrirían o marcador nun despiste defensivo dos visitantes. Este gol desconcentrou ós xogadores do Xove, que entraron nunha dinámica de erros e imprecisións, que aproveitaron os locais para facer o segundo gol, e facerse donos do partido ata o final da primeira metade.

Na segunda metade, o Xove FS saliu moito máis concentrado e metido no partido, disposto a tratar de remontar o marcador. Conseguiu facerse co dominio absoluto do xogo, froito do cal comezaron a chegar ocasións de gol. Sin embargo, a falta de puntería, unha vez máis, convertiuse no peor aliado dos mariñáns e non foi ata ben avanzada a segunda metade cando Chetis reducía distancias no marcador. Xa nos últimos minutos, o Xove FS buscou o empate xogando con porteiro xogador, pero non foi quen de perforar a meta rival. Quen sí o faría sería o equipo pontevedrés, para poñer no marcador o definitivo 3-1.

Por parte do Meson A Fuga Xove FS xogaron e marcaron: Tatiko, Dani Díaz, Álex, Dani López e Pipe – quinteto inicial – Iago Casas, Chetis (1), Suso Herrera e Pulido.

Anuncios

Acerca de S.D. Xove F.S.

SD Xove FS
Galería | Esta entrada fue publicada en Competición, Crónicas, Primer Equipo y etiquetada , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Comenta la noticia

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s